Mostrando entradas con la etiqueta Lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de abril de 2010

Signos de puntuación I


Neste novo xogo teredes que poñer o signo de puntuación corresponde en cada caso. Comproba a túa puntuación cando remates e publica a túa puntuación.

martes, 13 de abril de 2010

Pancho y su máquina de hacer cuentos


Xa verás que divertido é este xogo. Coa axuda do noso amigo Pancho poderás crear un cómic e inventar miles de aventuras diferentes. Próbao, só tes que poñer a funcionar a túa imaxinación.

jueves, 4 de marzo de 2010

CON B OU CON V?


Con que letra se escriben as seguintes palabras? Serán con B, ou serán con V? Terás que competir co noso amigo SABUESO nunha carreriña. Quen chegará antes a meta?

lunes, 22 de febrero de 2010

Palabras en singular ou plural II


Un exercicio moi doado para distinguir nomes en singular e plural. Esta actividade seguro que a facedes con ollos fechados.

jueves, 4 de febrero de 2010

PRESENTE, PASADO E FUTURO


Imos comprobar canto aprendemos sobre os verbos. Coloca estás accións no seu lugar correspondente.
Le ben a palabra antes de metela no cadro e lembra:
Pasado: xa pasou, por exemplo onte.
Presente: algo que pasa agora, por exemplo hoxe.
Futuro: algo que pasará, por exemplo mañá.

martes, 19 de enero de 2010

COMPRENSIÓN DUN TEXTO


Presta moita atención ao que vai contar esta nena. Despois deberás responder correctamente unhas preguntas.
Sorte!

viernes, 27 de noviembre de 2009

Singular e plural


Ben, esta é unha activade para diferenciar as palabras que están en singular ou en plural.
Lembra o seguinte:
Singular: refírese a unha cousa. Por exemplo: gato.
Plural: refírese a dúas o máis cousas. Por exemplo: gatos.

Palabras con ga, gue, gui, go, gu, güe güi


Aquí tedes un xogo para repasar palabras que teñen sílabas que fan o son /g/.
É moi sinxelo. Próbao.
Recorda o que vimos en clase sobre os dous puntiños na letra u en güe e güi.

jueves, 19 de noviembre de 2009

FAMILIA DE PALABRAS



Neste xogo deberedes agrupar as diferentes palabras na súa familia. Hai tres familias de palabras diferentes:

-NUBE
-NAVE
-VERANO

Isto o vimos onte en clase!

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Lectura e memorización


Escoitade atentamente as instrucións do xogo antes de comezar, e poñede a proba a vosa memoria!

Prestade atención ás rimas!

Xa me contaredes que tal vos foi!

jueves, 12 de noviembre de 2009

El artículo: el / la / los / las

Xa coñecemos tres tipos de palabras verdade?
O nome, que serve para identificar obxectos, animais, cousas, persoas, lugares...
Por exemplo: gato, mesa, montaña...

O adxectivo, que é un tipo de palabra que serve para dar características do nome
Por exemplo: grande, pequeno, bonito...

O artigo, que é un tipo de palabra que normalmente acompaña o nome para non falar coma os indios.
Por exemplo: El (en español) O (en galego).

El gato grande / O gato grande.
En este juego vamos a trabajar con el artículo en español. Para eso debes completar los espacios con los artículos El / La / Los / Las. Ya verás que fácil es.

PALABRAS ANTÓNIMAS I

Aquí vos vai un xogo para que xuntedes palabras antónimas entre si.

Lembrade que unha palabra antónima é aquela palabra que significa precisamente o contrario doutra.

Por exemplo: bonito - feo
Xa me contaredes se o fixestes ben!

PALABRAS SINÓNIMAS I


Do mesmo xeito, e tal e como explicamos na clase, as palabras sinónimas son aquelas palabras que teñen o mesmo significado sendo palabras distintas.
Por exemplo: colexio - escola
A ver se sodes capaces de unir todas estas.
Sorte!

viernes, 6 de noviembre de 2009

Palabras con BL ou BR


Agora deberedes completar as seguintes palabras empregando o grupo de letras BL ou o grupo de letras BR.
Pensa antes de contestar! Non cometas erros.
Recordade que para facer comentarios no blog hai que facer clic na palabra comentarios que aparece debaixo do xogo.

Signos de interrogación e exclamación


O obxectivo do seguinte xogo e colocar as oracións no seu lugar correspondente tendo en conta a imaxe que aparece debaixo.

ATENCIÓN: debes diferenciar entre as oracións que teñen os signos de interogación (¿?) e os de exclamación (¡!).

viernes, 30 de octubre de 2009

Maiúscula e punto


Neste novo xogo teredes que colocar 4 puntos ao final dunha frase e cambiar 4 palabras que están en minúscula e deberían estar en maiúscula.
É moi doado e o temos traballado moitas veces na clase. Antes de facelo pensa nos casos que se deberían colocar maiúscula e puntos.
Ánimo, seguro que xa non cometedes ningún erro.

lunes, 26 de octubre de 2009

O nome e o adxectivo

Este xogo é unha actividade de Jclic para traballar o nome e o adxectivo.
Recorda que o nome é un tipo de palabra que serve para identificar cousas, animais, persoas, lugares...
O adxectivo é un tipo de palabra que serve para dar caracterísiticas dos nomes.
Exemplo: A nena alta.

O nome nesta frase sería nena e o adxectivo alta.

Por certo, ao nome tamén se lle chama substantivo!

martes, 20 de octubre de 2009

A LETRA "C" E A LETRA "QU"

Cando se emprega C e cando se emprega QU? Fai clic no debuxo para xogar.

viernes, 9 de octubre de 2009

XOGOS DE REPASO

Nesta fin de semana tan longa, a parte de facer os exercicios das fichas grapadas que marcamos en clase (SÓ ESES), se queredes, podedes xogar coas sumas e restas calculando mentalmente (NON VALE FACELAS NUN PAPEL, HAI QUE FACELAS DE MEMORIA). Para iso facede clic na seguinte ligazón. So podedes xogar con VELILA E MONOJO, xa que HEXAMANO e para multiplicar.


Tamén vos deixo un xogo do abecedario, para comprobar se lembrades cal é a seguinte letra da que vos amosan na pantalla.

martes, 6 de octubre de 2009

REPASAMOS A SILABA TÓNICA DAS PALABRAS

Para que non vos esquezades, hoxe vos deixo un xogo no que podedes practicar a sílaba tónica da palabra. Recordade que a sílaba tónica é aquela na que recae a forza de voz cando a lemos. Por exemplo, da palabra ACUDIÓ, a sílaba tónica é DIÓ. As demais son sílabas átonas. Neste caso as sílabas átonas serían A e CU.