domingo, 5 de septiembre de 2010

Despedida do blog

Con moita mágoa imos dar por finalizado este blog. Este ano, como algún de vós xa saberedes non vou a ser o voso profe. Se non teño mal entendido, este curso estaredes coa mestra Hilda. Ides ter moita sorte, porque é unha profe estupenda. Agardo que poida desfrutar de vós tal e como o fixen eu.

Este ano serei profe dos alumnos de 2º de CEIP Froebel de Pontevedra. Tamén vou facer un blog, pero para vós xa non será de tanto interesante porque xa sodes de 3º. De todos os xeitos déixovos o enderezo: http://ceipfroebel2.blogspot.com/

Agardo tamén que se algún día nos atopamos pola rúa, que veñades falar comigo. A min farame moita ilusión vervos e que me contedes cousas. Deixovos tamén un enderezo de correo electrónico. Podedes escribirme. Eu tratarei de contestar sempre que poida: ivanprieto@edu.xunta.es Non me esquezo de vós, e se os horarios o permiten, algún día deste curso vos farei unha visita.

Vou engadir a continuación unha selección de fotos deste ano. Non teño todas agora mesmo pero metereinas aos poucos. Agardo que vos gusten.

Mándovos unha aperta enorme e deséxovos un feliz curso 2010-11. Quérovos moito. Ata pronto.


jueves, 27 de mayo de 2010

Noticias do profe...


Ola rapaces! Que tal vai todo? Agardo que ben. Estou moito mellor, e se todo vai ben voltarei pronto ao cole. Moitas grazas polos vosos debuxos, fixéronme moita ilusión e me fixeron rir un bo anaco. Bótovos moito de menos e teño gañas de estar aí con vós. Xa me contaron que tedes un profe novo e que é moi bo. Agardo que vos estedes portando ben con el. Un paxariño díxome que si, así que mellor, non esperaba menos dun rapaces coma os de 2ºA.
Graciñas polos vosos comentarios. Prometo contestar máis a miúdo a partir de agora. Unha aperta moi grande.

jueves, 13 de mayo de 2010

O profe está un pouquiño enfermo...



Como xa sabedes, o profe está un pouquiño enfermo. Non vos preocupedes, nada grave, pero vai ter que estar sen ir o cole durante unhas semanas. Agora teredes un novo profe, co que vos teredes que portar moi ben. Moito moito mellor que cando estades conmigo, que xa sei que o facedes.
Seguirei engadindo xogos ao blog para que poidades traballar coas cousas de clase. Agardo estar recuperado canto antes e estar con vós pronto. Botareivos de menos. Biquiños e unha aperta moi grande.

miércoles, 5 de mayo de 2010