Mostrando entradas con la etiqueta Outros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Outros. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de enero de 2010

AS TECLAS DO TECLADO


Para ir coñecendo onde están as teclas no teclado, propóñovos este xogo.

A semana que vén vos explicarei como se poñen os dedos no teclado para escribir. Podedes preguntar en casa, seguro que tamén saben.


jueves, 24 de diciembre de 2009

IGUAIS OU DIFERENTES



Neste xogo teredes que identificar se a imaxe da esquerda é igual á da dereita. Coidado, só teredes cinco segundos para decidilo!

A ver quen consegue facer máis seguidas se fallar!

Anotade a vosa puntuación nun comentario ao rematar.

Xogos de Nadal


Este é un xogo de Nadal do ano pasado pero seguro que vos divertides con el.
Hai tres diferentes, un de atopar parellas, outro de identificar diferenzas e outro no que compitirás nunha carreira de camellos.

viernes, 27 de noviembre de 2009

Tiro ao branco!


Como é fin de semana, tamén vos achego un xogo para que pasedes un bo rato. É moi divertido!

Para que despois digades que o "profe é malo!".

De tódolos xeitos, facede tamén os outros xogos que puxen...

viernes, 20 de noviembre de 2009

BUSCA AS DIFERENZAS


ATOPA AS 10 DIFERENZAS ENTRE AS DÚAS VIÑETAS.

Atención: SÓ TES 1 MINUTO.

Hai tres escenas diferentes.

viernes, 6 de noviembre de 2009

XOGO DE COCHES


Despois de que hoxe vos quedarades sen o magosto, e como non todo vai ser traballar, hoxe vos deixo un xogo de coches para que practiquedes a vosa habilidade conducindo co teclado do ordenador.
NON VOS ACOSTUMEDES! ISTO NON VAI SER HABITUAL!