jueves, 24 de diciembre de 2009

BO NADAL E FELICES FESTAS!






BO NADAL E FELIZ ANINOVO!






FOTOS DA CHOCOLATADA!


Ao profe, este ano os Reis Magos só lle van traer carbón porque se esqueceu as fotos da chocolatada no colexio!
Sintoo moito... candos as teña subireinas ao blog!
Para compensar, deixovos uns cantos xogos divertidos!!

CONTO: 1,2,3... ¡cerditos!

A ver que vos parece este conto!

IGUAIS OU DIFERENTES



Neste xogo teredes que identificar se a imaxe da esquerda é igual á da dereita. Coidado, só teredes cinco segundos para decidilo!

A ver quen consegue facer máis seguidas se fallar!

Anotade a vosa puntuación nun comentario ao rematar.

SUMAS CON LEVADA


Para que nos esquezades as sumas con levada que traballamos este trimestre, aquí tedes un xogo para sumar no ordenador.
TEDES QUE FACELAS TODAS BEN!

Xogos de Nadal


Este é un xogo de Nadal do ano pasado pero seguro que vos divertides con el.
Hai tres diferentes, un de atopar parellas, outro de identificar diferenzas e outro no que compitirás nunha carreira de camellos.

viernes, 11 de diciembre de 2009

O aforcado de San Xoán

Todas e todos sabedes como se xoga ao Aforcado verdad?

A ver cantas palabras adiviñades.
Só tes cinco vidas antes de que queimen o Meco na fogueira de San Xoán.
Sorte!


As horas do reloxo


Aquí vos deixo un xogo para que practiquedes as horas do reloxo.
Lembrade que a agulla pequena marca a hora e a agulla grande marca os minutos.
Para saber os minutos, tedes que ter en conta que cada número do reloxo vale por cinco minutos.
Por exemplo: se foran as 9:15, a agulla grande estaría no 9 pero a agulla pequena debería estar no número 3.

Conto: "La bella dormilona"


viernes, 27 de noviembre de 2009

Tiro ao branco!


Como é fin de semana, tamén vos achego un xogo para que pasedes un bo rato. É moi divertido!

Para que despois digades que o "profe é malo!".

De tódolos xeitos, facede tamén os outros xogos que puxen...

Operacións sinxelas II


Outro exercicio para que non se atasquen as neuronas do cerebro. Completa o exercicio e logo escribe a túa puntuación nun comentario.
A ver se conseguides un 10.
Sorte

Singular e plural


Ben, esta é unha activade para diferenciar as palabras que están en singular ou en plural.
Lembra o seguinte:
Singular: refírese a unha cousa. Por exemplo: gato.
Plural: refírese a dúas o máis cousas. Por exemplo: gatos.

Palabras con ga, gue, gui, go, gu, güe güi


Aquí tedes un xogo para repasar palabras que teñen sílabas que fan o son /g/.
É moi sinxelo. Próbao.
Recorda o que vimos en clase sobre os dous puntiños na letra u en güe e güi.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Día internacional contra a violencia cara as mulleres

Estos son os debuxos que as nenas e nenos da clase fixeron para o día 25 de novembro, dedicado á loita contra a violencia de xénero.

martes, 24 de noviembre de 2009

Conto Interactivo: Caperucita sin capucha


Fai clic no debuxo para interactuar con este conto. Agardo que vos guste.

NOVA ENQUISA


TEMOS UNHA NOVA CUESTIÓN A RESOLVER NO BLOG!!

Investiga sobre os nomes dos teus compañeiros e contesta axeitamedamente a enquisa!

Imos de compras! Moedas e billetes


A ver que tal se vos dá ir de compras!
Xoga comprando diversos obxectos empregando as moedas e os billetes de euro.
Ten coidado, non pagues de máis!
E... tampouco de menos.

viernes, 20 de noviembre de 2009

BUSCA AS DIFERENZAS


ATOPA AS 10 DIFERENZAS ENTRE AS DÚAS VIÑETAS.

Atención: SÓ TES 1 MINUTO.

Hai tres escenas diferentes.

jueves, 19 de noviembre de 2009

Suma e resta sen parar (in English)

Agora... imos ver que tal se vos dan as matemáticas... en inglés.

O seguinte é un xogo onde podes facer sumas e restas sen parar pero... o xogo está en inglés.

Confío en que seredes capaces de entendelo. Podedes empregar o lápis para facer as contas.

Sorte coas mates... e co inglés.

FAMILIA DE PALABRAS



Neste xogo deberedes agrupar as diferentes palabras na súa familia. Hai tres familias de palabras diferentes:

-NUBE
-NAVE
-VERANO

Isto o vimos onte en clase!

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Lectura e memorización


Escoitade atentamente as instrucións do xogo antes de comezar, e poñede a proba a vosa memoria!

Prestade atención ás rimas!

Xa me contaredes que tal vos foi!

Visita da policía nacional ao colexio

HOXE VIU A POLICÍA AO COLE!!

Vos recoñecedes nas fotos? algún de vós non quería saír do furgón da policía...
Xa tedes feito o voso carné de policía infantil?

Números perdidos (suma e resta)

A ver que tal se vos dá este novo xogo...

Axúdalle ao noso amigo Hexamano a resolver a súas dúbidas respecto as sumas e restas!!

Primeiro proba coas sumas e logo coas restas!

viernes, 13 de noviembre de 2009

Operacións sinxelas I

Nesta actividade tedes unha serie de sumas e restas para contestar rapidamente e poñer a proba o vosa habilidade mental.

O xogo da tres solucións posibles, tedes que escoller só unha. Seredes quen de contestar todas ben?

Ao final da actividade, hai un botón que pon puntuación. Canto rematedes de contestar todas, se facedes clic alí, saberedes que nota sacastes.

Despois fai un comentario e publica a túa nota. Bo fin de semana.

jueves, 12 de noviembre de 2009

El artículo: el / la / los / las

Xa coñecemos tres tipos de palabras verdade?
O nome, que serve para identificar obxectos, animais, cousas, persoas, lugares...
Por exemplo: gato, mesa, montaña...

O adxectivo, que é un tipo de palabra que serve para dar características do nome
Por exemplo: grande, pequeno, bonito...

O artigo, que é un tipo de palabra que normalmente acompaña o nome para non falar coma os indios.
Por exemplo: El (en español) O (en galego).

El gato grande / O gato grande.
En este juego vamos a trabajar con el artículo en español. Para eso debes completar los espacios con los artículos El / La / Los / Las. Ya verás que fácil es.

PALABRAS ANTÓNIMAS I

Aquí vos vai un xogo para que xuntedes palabras antónimas entre si.

Lembrade que unha palabra antónima é aquela palabra que significa precisamente o contrario doutra.

Por exemplo: bonito - feo
Xa me contaredes se o fixestes ben!

PALABRAS SINÓNIMAS I


Do mesmo xeito, e tal e como explicamos na clase, as palabras sinónimas son aquelas palabras que teñen o mesmo significado sendo palabras distintas.
Por exemplo: colexio - escola
A ver se sodes capaces de unir todas estas.
Sorte!

viernes, 6 de noviembre de 2009

XOGO DE COCHES


Despois de que hoxe vos quedarades sen o magosto, e como non todo vai ser traballar, hoxe vos deixo un xogo de coches para que practiquedes a vosa habilidade conducindo co teclado do ordenador.
NON VOS ACOSTUMEDES! ISTO NON VAI SER HABITUAL!

Palabras con BL ou BR


Agora deberedes completar as seguintes palabras empregando o grupo de letras BL ou o grupo de letras BR.
Pensa antes de contestar! Non cometas erros.
Recordade que para facer comentarios no blog hai que facer clic na palabra comentarios que aparece debaixo do xogo.

Signos de interrogación e exclamación


O obxectivo do seguinte xogo e colocar as oracións no seu lugar correspondente tendo en conta a imaxe que aparece debaixo.

ATENCIÓN: debes diferenciar entre as oracións que teñen os signos de interogación (¿?) e os de exclamación (¡!).

sábado, 31 de octubre de 2009

Números pares e impares

Neste xogo teredes que idenfiticar os números pares e impares.
Recordade que os pares son aqueles que rematan en: 0, 2, 4, 6 e 8.
Os números impares son os que rematan en: 1, 3, 5, 7 e 9.
Ademais tratade de pensar no número de centenas, decenas e unidades que ten cada número, ademais de dicir en alto que número é.
Pásadeo ben nesta fin de semana. Ata o martes!
Non dubidedes en escribir no apartado de comentarios.

viernes, 30 de octubre de 2009

Maiúscula e punto


Neste novo xogo teredes que colocar 4 puntos ao final dunha frase e cambiar 4 palabras que están en minúscula e deberían estar en maiúscula.
É moi doado e o temos traballado moitas veces na clase. Antes de facelo pensa nos casos que se deberían colocar maiúscula e puntos.
Ánimo, seguro que xa non cometedes ningún erro.

CONTA AS BOMBILLAS ACENDIDAS


Sabedes? na clase de 5B tamén teñen un blog!

O enderezo é igual que o noso pero en lugar de 2a tedes que poñer 5b, é dicir:

http://ceipdevilaverde5b.blogspot.com/

Eu estiven curioseando e atopei este xogo que me gustou tamén para vos. A ver que tal se vos da!!

Hai dous niveis. Pon a proba a túa habilidade mental!

lunes, 26 de octubre de 2009

O nome e o adxectivo

Este xogo é unha actividade de Jclic para traballar o nome e o adxectivo.
Recorda que o nome é un tipo de palabra que serve para identificar cousas, animais, persoas, lugares...
O adxectivo é un tipo de palabra que serve para dar caracterísiticas dos nomes.
Exemplo: A nena alta.

O nome nesta frase sería nena e o adxectivo alta.

Por certo, ao nome tamén se lle chama substantivo!

Unidades, decenas e centenas


Hoxe por fin vos podo poñer unha actividade sobre as unidades, decenas e centenas. Para para xogar, unha vez que fagas clic no debuxo da dereita, terás entrar no xogo que se chama LA LOTERÍA. Xa me contaredes que tal!

Agardo os vosos comentarios!

martes, 20 de octubre de 2009

A LETRA "C" E A LETRA "QU"

Cando se emprega C e cando se emprega QU? Fai clic no debuxo para xogar.

lunes, 19 de octubre de 2009

CAL É O TEU NIVEL RESOLVENDO SUMAS?

No seguinte xogo poderedes amosar a vosa habilidade mental sumando. Hai cinco niveis diferentes, a ver a cal sodes capaces de chegar! Ollo! en cada nivel as sumas son máis difíciles e hai menos tempo para contestar. Sorte!

miércoles, 14 de octubre de 2009

O CORPO HUMANO -MÚSCULOS E ÓSOS-

Hoxe tamén aprendemos algúns dos nosos músculos principais. No seguinte xogo podedes comprobar canto sabedes sobre o corpo humano.

Hai algún músculo ou óso novo que non vimos en clase? Cal é a función principal dos músculos? É a dos ósos?

viernes, 9 de octubre de 2009

XOGOS DE REPASO

Nesta fin de semana tan longa, a parte de facer os exercicios das fichas grapadas que marcamos en clase (SÓ ESES), se queredes, podedes xogar coas sumas e restas calculando mentalmente (NON VALE FACELAS NUN PAPEL, HAI QUE FACELAS DE MEMORIA). Para iso facede clic na seguinte ligazón. So podedes xogar con VELILA E MONOJO, xa que HEXAMANO e para multiplicar.


Tamén vos deixo un xogo do abecedario, para comprobar se lembrades cal é a seguinte letra da que vos amosan na pantalla.

jueves, 8 de octubre de 2009

XA TEMOS FOTO DE CLASE

Por fin puidemos facer a foto de clase. Entre que un día faltaba un neno ou unha nena ou que se esquecía o profe, ata hoxe non a fixemos. A ver que guapos e guapas quedamos!

miércoles, 7 de octubre de 2009

PROXECTO A CIDADE

Como sabedes, a semana pasada comezamos o proxecto de "A cidade". Hoxe, a parte de achegarvos un vídeo no que podedes ver os debuxos sobre a cidade que explicastes na clase, vos deixo unha enquisa para que votedes pola cidade galega que pensedes que ten máis xente vivindo nela (ver á dereita). Coidado! algúns das opcións non son cidades. Agardo tamén os vosos comentarios. Por certo, cal é a cidade da fotografía? A recoñecedes?

martes, 6 de octubre de 2009

REPASAMOS A SILABA TÓNICA DAS PALABRAS

Para que non vos esquezades, hoxe vos deixo un xogo no que podedes practicar a sílaba tónica da palabra. Recordade que a sílaba tónica é aquela na que recae a forza de voz cando a lemos. Por exemplo, da palabra ACUDIÓ, a sílaba tónica é DIÓ. As demais son sílabas átonas. Neste caso as sílabas átonas serían A e CU.

lunes, 5 de octubre de 2009

O ESQUELETO HUMANO

Hoxe traballamos na clase de coñecemento do medio o esqueleto humano. O profe dixo que tiñamos ata 206. Son moitos, verdade? Aprendimos o nome dos ósos máis importante do corpo. Aquí deixamos unha foto deles para que non se nos esquezan. Se queres aprender máis ou xogar con eles, fai clic nalgunha das seguites ligazóns:

http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/9/Usr/eltanque/CM6/cuerpo/esqcuerpo.html

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1177933072312&idContent=44222&locale=es_ES&textOnly=false


Hoxe creamos o noso blog

Xa temos BLOG. Hoxe a mañá fumos a clase de informática e puxemos a funcionar este diario co que temos pensado comunicarnos. Desexamos que vos guste moito. O primeiro que imos facer é unha presentación de todos nós. Unha aperta