sábado, 31 de octubre de 2009

Números pares e impares

Neste xogo teredes que idenfiticar os números pares e impares.
Recordade que os pares son aqueles que rematan en: 0, 2, 4, 6 e 8.
Os números impares son os que rematan en: 1, 3, 5, 7 e 9.
Ademais tratade de pensar no número de centenas, decenas e unidades que ten cada número, ademais de dicir en alto que número é.
Pásadeo ben nesta fin de semana. Ata o martes!
Non dubidedes en escribir no apartado de comentarios.

viernes, 30 de octubre de 2009

Maiúscula e punto


Neste novo xogo teredes que colocar 4 puntos ao final dunha frase e cambiar 4 palabras que están en minúscula e deberían estar en maiúscula.
É moi doado e o temos traballado moitas veces na clase. Antes de facelo pensa nos casos que se deberían colocar maiúscula e puntos.
Ánimo, seguro que xa non cometedes ningún erro.

CONTA AS BOMBILLAS ACENDIDAS


Sabedes? na clase de 5B tamén teñen un blog!

O enderezo é igual que o noso pero en lugar de 2a tedes que poñer 5b, é dicir:

http://ceipdevilaverde5b.blogspot.com/

Eu estiven curioseando e atopei este xogo que me gustou tamén para vos. A ver que tal se vos da!!

Hai dous niveis. Pon a proba a túa habilidade mental!

lunes, 26 de octubre de 2009

O nome e o adxectivo

Este xogo é unha actividade de Jclic para traballar o nome e o adxectivo.
Recorda que o nome é un tipo de palabra que serve para identificar cousas, animais, persoas, lugares...
O adxectivo é un tipo de palabra que serve para dar caracterísiticas dos nomes.
Exemplo: A nena alta.

O nome nesta frase sería nena e o adxectivo alta.

Por certo, ao nome tamén se lle chama substantivo!

Unidades, decenas e centenas


Hoxe por fin vos podo poñer unha actividade sobre as unidades, decenas e centenas. Para para xogar, unha vez que fagas clic no debuxo da dereita, terás entrar no xogo que se chama LA LOTERÍA. Xa me contaredes que tal!

Agardo os vosos comentarios!

martes, 20 de octubre de 2009

A LETRA "C" E A LETRA "QU"

Cando se emprega C e cando se emprega QU? Fai clic no debuxo para xogar.

lunes, 19 de octubre de 2009

CAL É O TEU NIVEL RESOLVENDO SUMAS?

No seguinte xogo poderedes amosar a vosa habilidade mental sumando. Hai cinco niveis diferentes, a ver a cal sodes capaces de chegar! Ollo! en cada nivel as sumas son máis difíciles e hai menos tempo para contestar. Sorte!

miércoles, 14 de octubre de 2009

O CORPO HUMANO -MÚSCULOS E ÓSOS-

Hoxe tamén aprendemos algúns dos nosos músculos principais. No seguinte xogo podedes comprobar canto sabedes sobre o corpo humano.

Hai algún músculo ou óso novo que non vimos en clase? Cal é a función principal dos músculos? É a dos ósos?

viernes, 9 de octubre de 2009

XOGOS DE REPASO

Nesta fin de semana tan longa, a parte de facer os exercicios das fichas grapadas que marcamos en clase (SÓ ESES), se queredes, podedes xogar coas sumas e restas calculando mentalmente (NON VALE FACELAS NUN PAPEL, HAI QUE FACELAS DE MEMORIA). Para iso facede clic na seguinte ligazón. So podedes xogar con VELILA E MONOJO, xa que HEXAMANO e para multiplicar.


Tamén vos deixo un xogo do abecedario, para comprobar se lembrades cal é a seguinte letra da que vos amosan na pantalla.

jueves, 8 de octubre de 2009

XA TEMOS FOTO DE CLASE

Por fin puidemos facer a foto de clase. Entre que un día faltaba un neno ou unha nena ou que se esquecía o profe, ata hoxe non a fixemos. A ver que guapos e guapas quedamos!

miércoles, 7 de octubre de 2009

PROXECTO A CIDADE

Como sabedes, a semana pasada comezamos o proxecto de "A cidade". Hoxe, a parte de achegarvos un vídeo no que podedes ver os debuxos sobre a cidade que explicastes na clase, vos deixo unha enquisa para que votedes pola cidade galega que pensedes que ten máis xente vivindo nela (ver á dereita). Coidado! algúns das opcións non son cidades. Agardo tamén os vosos comentarios. Por certo, cal é a cidade da fotografía? A recoñecedes?

martes, 6 de octubre de 2009

REPASAMOS A SILABA TÓNICA DAS PALABRAS

Para que non vos esquezades, hoxe vos deixo un xogo no que podedes practicar a sílaba tónica da palabra. Recordade que a sílaba tónica é aquela na que recae a forza de voz cando a lemos. Por exemplo, da palabra ACUDIÓ, a sílaba tónica é DIÓ. As demais son sílabas átonas. Neste caso as sílabas átonas serían A e CU.

lunes, 5 de octubre de 2009

O ESQUELETO HUMANO

Hoxe traballamos na clase de coñecemento do medio o esqueleto humano. O profe dixo que tiñamos ata 206. Son moitos, verdade? Aprendimos o nome dos ósos máis importante do corpo. Aquí deixamos unha foto deles para que non se nos esquezan. Se queres aprender máis ou xogar con eles, fai clic nalgunha das seguites ligazóns:

http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/9/Usr/eltanque/CM6/cuerpo/esqcuerpo.html

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?pgseed=1177933072312&idContent=44222&locale=es_ES&textOnly=false


Hoxe creamos o noso blog

Xa temos BLOG. Hoxe a mañá fumos a clase de informática e puxemos a funcionar este diario co que temos pensado comunicarnos. Desexamos que vos guste moito. O primeiro que imos facer é unha presentación de todos nós. Unha aperta