domingo, 5 de septiembre de 2010

Despedida do blog

Con moita mágoa imos dar por finalizado este blog. Este ano, como algún de vós xa saberedes non vou a ser o voso profe. Se non teño mal entendido, este curso estaredes coa mestra Hilda. Ides ter moita sorte, porque é unha profe estupenda. Agardo que poida desfrutar de vós tal e como o fixen eu.

Este ano serei profe dos alumnos de 2º de CEIP Froebel de Pontevedra. Tamén vou facer un blog, pero para vós xa non será de tanto interesante porque xa sodes de 3º. De todos os xeitos déixovos o enderezo: http://ceipfroebel2.blogspot.com/

Agardo tamén que se algún día nos atopamos pola rúa, que veñades falar comigo. A min farame moita ilusión vervos e que me contedes cousas. Deixovos tamén un enderezo de correo electrónico. Podedes escribirme. Eu tratarei de contestar sempre que poida: ivanprieto@edu.xunta.es Non me esquezo de vós, e se os horarios o permiten, algún día deste curso vos farei unha visita.

Vou engadir a continuación unha selección de fotos deste ano. Non teño todas agora mesmo pero metereinas aos poucos. Agardo que vos gusten.

Mándovos unha aperta enorme e deséxovos un feliz curso 2010-11. Quérovos moito. Ata pronto.