domingo, 5 de septiembre de 2010

Despedida do blog

Con moita mágoa imos dar por finalizado este blog. Este ano, como algún de vós xa saberedes non vou a ser o voso profe. Se non teño mal entendido, este curso estaredes coa mestra Hilda. Ides ter moita sorte, porque é unha profe estupenda. Agardo que poida desfrutar de vós tal e como o fixen eu.

Este ano serei profe dos alumnos de 2º de CEIP Froebel de Pontevedra. Tamén vou facer un blog, pero para vós xa non será de tanto interesante porque xa sodes de 3º. De todos os xeitos déixovos o enderezo: http://ceipfroebel2.blogspot.com/

Agardo tamén que se algún día nos atopamos pola rúa, que veñades falar comigo. A min farame moita ilusión vervos e que me contedes cousas. Deixovos tamén un enderezo de correo electrónico. Podedes escribirme. Eu tratarei de contestar sempre que poida: ivanprieto@edu.xunta.es Non me esquezo de vós, e se os horarios o permiten, algún día deste curso vos farei unha visita.

Vou engadir a continuación unha selección de fotos deste ano. Non teño todas agora mesmo pero metereinas aos poucos. Agardo que vos gusten.

Mándovos unha aperta enorme e deséxovos un feliz curso 2010-11. Quérovos moito. Ata pronto.


jueves, 27 de mayo de 2010

Noticias do profe...


Ola rapaces! Que tal vai todo? Agardo que ben. Estou moito mellor, e se todo vai ben voltarei pronto ao cole. Moitas grazas polos vosos debuxos, fixéronme moita ilusión e me fixeron rir un bo anaco. Bótovos moito de menos e teño gañas de estar aí con vós. Xa me contaron que tedes un profe novo e que é moi bo. Agardo que vos estedes portando ben con el. Un paxariño díxome que si, así que mellor, non esperaba menos dun rapaces coma os de 2ºA.
Graciñas polos vosos comentarios. Prometo contestar máis a miúdo a partir de agora. Unha aperta moi grande.

jueves, 13 de mayo de 2010

O profe está un pouquiño enfermo...



Como xa sabedes, o profe está un pouquiño enfermo. Non vos preocupedes, nada grave, pero vai ter que estar sen ir o cole durante unhas semanas. Agora teredes un novo profe, co que vos teredes que portar moi ben. Moito moito mellor que cando estades conmigo, que xa sei que o facedes.
Seguirei engadindo xogos ao blog para que poidades traballar coas cousas de clase. Agardo estar recuperado canto antes e estar con vós pronto. Botareivos de menos. Biquiños e unha aperta moi grande.

miércoles, 5 de mayo de 2010

viernes, 23 de abril de 2010

O OSO DO ZAR


O conto que vimos en clase é unha adaptación. Podedes ler o orixinal facendo clic no debuxo do oso. Que diferenzas atopades? Escríbeas nun comentario.

jueves, 22 de abril de 2010

Signos de puntuación I


Neste novo xogo teredes que poñer o signo de puntuación corresponde en cada caso. Comproba a túa puntuación cando remates e publica a túa puntuación.

Cálculo mental. Multiplicacións.


Un exercicio de cálculo mental sobre as multiplicacións. Hai que facelas sen usar lapis e papel, só podes usar a túa cabeza. Sorte. Escribe a túa puntuación nun comentario.

Problemas para pensar II


Aquí vai a segunda parte destes problemas para pensar e resolver. A ver se facedes todos sen cometer ningún erro. Necesitas lapis e papel.

miércoles, 21 de abril de 2010

PÁXINA WEB SOBRE OS VERTEBRADOS


Páxina web para coñecer as características dos diferentes animais vertebrados da península ibérica. A información está ordenada por grupos: mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes.

martes, 13 de abril de 2010

SEMANA DA PRENSA

Como xa sabedes, durante esta semana imos conmemorar a semana da prensa. Aquí vos deixo as ligazóns dalgúns dos xornais máis importantes tanto da comarca, como de Galicia e España. Tamén dous de tipo deportivo. Podedes consultalos e comentar as novas.

Pancho y su máquina de hacer cuentos


Xa verás que divertido é este xogo. Coa axuda do noso amigo Pancho poderás crear un cómic e inventar miles de aventuras diferentes. Próbao, só tes que poñer a funcionar a túa imaxinación.

miércoles, 17 de marzo de 2010

As horas do reloxo III

Un novo xogo para non esquecer as horas do reloxo.

Lembra que a agulla pequena marca as horas e a agulla grande marca os minutos.

Problemas para razonar

USA EL COCO
Aquí tedes un xogo para darlle voltas ao coco.
Tedes que resolver estos dez problemillas. Le ben o problema, pensa e só despois responde. Sorte.

lunes, 15 de marzo de 2010

TÁBOA DO 7

TÁBOA DO 6

miércoles, 10 de marzo de 2010

EL SUEÑO IMPOSIBLE (DÍA DA MULLER TRABALLADORA)

Como sabebes, esta semana estamos traballando na escola a conmemoración do día da muller traballadora. Opina no blog sobre esta historia que vimos hoxe en clase.


Una feliz catástrofe (DÍA DA MULLER TRABALLADORA)


Comenta esta historia que vimos na clase para conmemorar o día da muller traballadora.

Fai clic na imaxe para ver a historia.

jueves, 4 de marzo de 2010

CON B OU CON V?


Con que letra se escriben as seguintes palabras? Serán con B, ou serán con V? Terás que competir co noso amigo SABUESO nunha carreriña. Quen chegará antes a meta?

O ZOO. Que comen os animais?




Aí vos vai un novo xogo sobre os animais. Serás o encargado dun zoo e terás que dar de comer a seis animais.. Sabes que comida lle corresponde a cada un?

miércoles, 24 de febrero de 2010

Coñeces aos mamíferos?



A ver canto sabemos sobre os mamíferos! Serás quen de gañar a carreira ao noso amigo SAUESO?

Pon un comentario coa túa puntuación.

lunes, 22 de febrero de 2010

As horas do reloxo II


CANCIÓN SOBRE LAVAR OS DENTES

Ante a petición da nai de Carlos para que insista eu nos bos hábitos co fin de que vos fagan máis caso a vós... ahí vai esta canción...

Palabras en singular ou plural II


Un exercicio moi doado para distinguir nomes en singular e plural. Esta actividade seguro que a facedes con ollos fechados.

Moedas e billetes de Euro


Este é un xogo para traballar cos euros. Tedes que lembrar o valor das moedas e dos billetes…

Multiplicacións


Aquí vos vai un xogo para multiplicar sen levada con un montón de números. Podedes empregar as táboas de multiplicar, pero eu creo que non vos farán falta...

TÁBOA DO CINCO

A TÁBOA DO CATRO

sábado, 20 de febrero de 2010

viernes, 12 de febrero de 2010

FOTOS ENTROIDO SEGUNDO CURSO

Fotos do Proxecto A cidade

Fin do proxecto A cidade

Segundo curso finalizaou o proxecto de "A cidade". Así foi como quedaron os nosos murales, moi ben feitiños. Agora xa sabemos moitas cousas sobre as cidades... verdade? Podedes contarlle aos vosos familiares todo o que aprendestes durante estes meses. Agora iremos ao salón do libro para ver o noso traballo dos servizos das cidades, o traballo completo do cole e o traballo do resto dos coles de Pontevedra!



jueves, 4 de febrero de 2010

PRESENTE, PASADO E FUTURO


Imos comprobar canto aprendemos sobre os verbos. Coloca estás accións no seu lugar correspondente.
Le ben a palabra antes de metela no cadro e lembra:
Pasado: xa pasou, por exemplo onte.
Presente: algo que pasa agora, por exemplo hoxe.
Futuro: algo que pasará, por exemplo mañá.

TÁBOA DO TRES. MULTIPLICACIÓN

A TÁBOA DO DOUS. MULTIPLICACIÓN

miércoles, 3 de febrero de 2010

A Roda dos alimentos

Aquí vos deixo o vídeo que vimos en clase sobre a roda dos alimentos. Confío en que o entendades... aínda que estea en portugués.

FOTOS DO DÍA DA PAZ

martes, 26 de enero de 2010

martes, 19 de enero de 2010

Coñeces os sinais de tráfico?

Lembrades que antes de Nadal traballamos os significados dos sinais de tráfico?
Agora terás que conducir un coche respectando os sinais!

RESOLVE ESTE PROBLEMA


Escoita atentamente a este xabaril, e despois resolve o problema que ten.
COIDADO, ESTE XABARIL TEN MOITAS DÚBIDAS!

COMPRENSIÓN DUN TEXTO


Presta moita atención ao que vai contar esta nena. Despois deberás responder correctamente unhas preguntas.
Sorte!

lunes, 18 de enero de 2010

AS TECLAS DO TECLADO


Para ir coñecendo onde están as teclas no teclado, propóñovos este xogo.

A semana que vén vos explicarei como se poñen os dedos no teclado para escribir. Podedes preguntar en casa, seguro que tamén saben.


A TABLA DO DOUS


Un xogo para aprender a tabla do 2!

No panel principal facede clic en TABLA DEL 2 Y CÁLCULO.
TAMÉN PODEDES PROBAR COA TABLA DO 3!



A MULTIPLICACIÓN

Internet xa volveu a miña casa! Xa podo engadir xogos ao blog... O primeiro, un moi sinxelo de multiplicacións! Aínda que só vimos multiplicar por dous, seguro que este o sabedes facer.
Lembra: a multiplicación non é máis que un número que se suma a si mesmo varias veces.
Exemplo:
Eu quero darlle 2 caramelos a 4 nenos da clase. Cantos vou a dar en total?
2+2+2+2= 8
2x4 = 8