sábado, 31 de octubre de 2009

Números pares e impares

Neste xogo teredes que idenfiticar os números pares e impares.
Recordade que os pares son aqueles que rematan en: 0, 2, 4, 6 e 8.
Os números impares son os que rematan en: 1, 3, 5, 7 e 9.
Ademais tratade de pensar no número de centenas, decenas e unidades que ten cada número, ademais de dicir en alto que número é.
Pásadeo ben nesta fin de semana. Ata o martes!
Non dubidedes en escribir no apartado de comentarios.

viernes, 30 de octubre de 2009

Maiúscula e punto


Neste novo xogo teredes que colocar 4 puntos ao final dunha frase e cambiar 4 palabras que están en minúscula e deberían estar en maiúscula.
É moi doado e o temos traballado moitas veces na clase. Antes de facelo pensa nos casos que se deberían colocar maiúscula e puntos.
Ánimo, seguro que xa non cometedes ningún erro.

CONTA AS BOMBILLAS ACENDIDAS


Sabedes? na clase de 5B tamén teñen un blog!

O enderezo é igual que o noso pero en lugar de 2a tedes que poñer 5b, é dicir:

http://ceipdevilaverde5b.blogspot.com/

Eu estiven curioseando e atopei este xogo que me gustou tamén para vos. A ver que tal se vos da!!

Hai dous niveis. Pon a proba a túa habilidade mental!

lunes, 26 de octubre de 2009

O nome e o adxectivo

Este xogo é unha actividade de Jclic para traballar o nome e o adxectivo.
Recorda que o nome é un tipo de palabra que serve para identificar cousas, animais, persoas, lugares...
O adxectivo é un tipo de palabra que serve para dar caracterísiticas dos nomes.
Exemplo: A nena alta.

O nome nesta frase sería nena e o adxectivo alta.

Por certo, ao nome tamén se lle chama substantivo!

Unidades, decenas e centenas


Hoxe por fin vos podo poñer unha actividade sobre as unidades, decenas e centenas. Para para xogar, unha vez que fagas clic no debuxo da dereita, terás entrar no xogo que se chama LA LOTERÍA. Xa me contaredes que tal!

Agardo os vosos comentarios!

martes, 20 de octubre de 2009

A LETRA "C" E A LETRA "QU"

Cando se emprega C e cando se emprega QU? Fai clic no debuxo para xogar.

lunes, 19 de octubre de 2009

CAL É O TEU NIVEL RESOLVENDO SUMAS?

No seguinte xogo poderedes amosar a vosa habilidade mental sumando. Hai cinco niveis diferentes, a ver a cal sodes capaces de chegar! Ollo! en cada nivel as sumas son máis difíciles e hai menos tempo para contestar. Sorte!

miércoles, 14 de octubre de 2009

O CORPO HUMANO -MÚSCULOS E ÓSOS-

Hoxe tamén aprendemos algúns dos nosos músculos principais. No seguinte xogo podedes comprobar canto sabedes sobre o corpo humano.

Hai algún músculo ou óso novo que non vimos en clase? Cal é a función principal dos músculos? É a dos ósos?